Saturday 11 de May de 2024

Inés Rey e os alcaldes e alcaldesas do Consorcio As Mariñas celebraron na Coruña unha reunión de traballo


A alcaldesa, Inés Rey, celebrou esta mañá unha xuntanza de traballo en María Pita cos alcaldes e alcaldesas que forman parte do Consorcio As Mariñas. Foi un encontro para tratar sobre o modelo de xestión e tratamento de residuos, asunto que compete aos concellos do Consorcio como usuarios de Nostián, unha vez que o Concello ten aprobado o anteproxecto para a licitación da renovación da planta.

Na xuntanza estiveron presentes o alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez; a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela; o alcalde de Carral, Javier Gestal; o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; e a alcaldesa de Sada, María Nogareda.